Galicia

O turismo rural arrasa entre os que visitan Galicia

O Xacobeo ten tirón, a lo menos iso é o que parece se miramos os números de pernotas nalgúns establecementos galegos. O número de viaxeiros aloxados en casas de turismo rural crece un 12,20 por cento con respecto ao ano pasado e un 21,3 por cento se temos en conta as cifras do Xacobeo 2004. En canto ás pernotas, aumentaron un 12,66% fronte ao 2009 e un 27,7% ao 2004. Nun contexto estatal negativo, cun descenso do conxunto de España superior ao 5% no que atinxe ao número de viaxeiros e de case o 3% no que se refire ás pernoitas, Galicia é a comunidade na que máis creceu.

Case o 88 por cento dos viaxeiros son españois, pero a demanda internacional tamén creceu un 27,2%. En termos xerais, no que vai de ano o número de viaxeiros aloxados en casas de turismo rural creceu un 10,3 por cento, un 17% de se compara co Ano Santo 2004. E mentres no resto de España o número de viaxeiros neste tempo descendeu un 2,5%, Galicia foi a que máis creceu tras Navarra.

En canto aos campings, a demanda aumentou un 11,6 por cento no que vai de ano, cunha forte subida da demanda nacional (8,3%) e internacional (32,2%). Mentres, no conxunto estatal o número de viaxeiros caeu lixeiramente. Algo máis do 78 por cento dos acampados eran nacionais. Con respecto aos apartamentos, a demanda deste aloxamento creceu un 58 por cento comparando co último Ano Santo.

También te puede interesar