Galicia

Os lumes en Galicia, controlados

Arestora xa non queda ningún incendio activo en Galicia de máis de 20 hectáreas. Medio Rural da por extinguido o lume iniciado o pasado martes entre os concellos de A Gudiña e Castrelo do Val, no que arderon unhas 170 hectáreas de monte raso. Nas labores de extinción traballaron 17 axentes forestais, 40 brigadas cunhas 240 persoas, 17 motobombas, 10 helicópteros e unha pala.

Mentres, xa están controlados os lumes rexistrados nos concellos ourensáns de Laza e Chandrexa de de Queixa onde as primeiras estimacións falan de 1.715 e case 400 hectáreas queimadas.

También te puede interesar