Tras unha moción presentada polo PP, o goberno municipal reiterou que “o proxecto Moneo” -explicou o socialista Carlos López Font- “non vaille custar un euro aos vigueses“, e defendeu a planificación do prestixioso arquitecto para a reordenación da Praza do Rei e do Castelo de San Sebastián, que contempla o derrubo do actual edificio do Concello e a construcción dun novo.
A este respecto, o popular López-Chavez defendeu que “o PP teno claro: nestes momentos non” ao gasto público para este proxecto, debido á crise económica que atravesa o país. Denunciou que este é un “proxecto poco serio, opaco e pouco transparente” no que o goberno local xa gastou 120.000 euros no estudo arquitectónico e en maquetas.Tanto os socialistas como os nacionalistas, integrantes do goberno municipal, rexeitaron reiteradamente a opción de incluir partidas orzamentarias para este proxecto, que “tamén xerará emprego” e significa “riqueza e promoción da cidade”.