Galicia terá infiltrados na República Dominicana. Será cos taekwondistas da Fereración Galega que partirán hoxe desde Lavacolla cara o país para realizar unha concentración de 8 días no que adestrará coas seleccións da República Dominicana, Puerto Rico e Colombia.
O grupo, dirixido polo adestrador Juan Luis Martínez Queiruga, está formado por 15 deportistas cun importante curriculum que traballarán a súa técnica durante estes días en dobres e triplas sesións de traballo diario.
Os elexidos son Alejandro Vidal (subcampión do ParaMundial); Miguel Martínez (subcampión de España júnior); Pablo Carou (campión de España Sub21); Juan Fernández (Subcampión de España absoluto e campión de España sub 21); José Fernández (subcampión de España absoluto); Ángel Parada (subcampión de España sub 21); Raúl Bouzas (campión de Europa sub 21); Fernando Rascado (campión de España absoluto); Javier Sieira (subcampión de España absoluto); Rebeca Mariño (campioa de España absoluta); Nazareth Tilve (subcampioa de España absoluta); Lara Ouviña (campioa de España sub 21); Lúa Piñeiro (campioa de España absoluta); Carla Balado (terceira de España absoluta) e Sabela Lonja (campioa de España sub 21).