O personal pechouse o pasado mes de xullo nas dependencias da Concellería de Educación, no antigo Rectorado, para protestar pola decisión do Goberno Local de convocar un novo concurso para o devandito servizo sen respetar as codicións laborais que os empregados tiñan coa empresa anterior. Naquela ocasión os preto de 100 trabajadores foron recibidos pola concelleira, Laura López, quen non lles garantiu que se respetasen as condición laborais, algo que parece que sí ven de facer Abel Caballero.
O alcalde asegurou trala xun tanza que “non haberá ningunha diminución dos dereitos laborais dos traballadores contratados nos concursos públicos”, e indicou que o Concello está “moi satisfeito” co traballo que veñen desempeñando estes profesionais nos centros escolares vigueses.