
Hai 518 concedidas en lista de espera que, garantiu o alcalde, “non van ter dificultades de asignación orzamentaria“, aínda que, coma adiantou vigoalminuto, é posible que non existan suficientes prazas nos comedores escolares.
Abel Caballero pediu “desde a cordialidade e a cooperación” á Xunta que non esqueza o seu compromiso de ampliar cinco comedores escolares, e recordou que, en materia educativa, o goberno autonómico comprometeu 4,2 millóns para melloras e novos centros en Vigo que están sen executar.