Galicia Vigo al minuto

Moitos dos 400 traballadores despedidos das obras do AVE a Vigo teñen fillos matriculados en Galicia e alugaron pisos para vivir aquí

Tuneladora AVE/Tresyuno ComunicaciónA CIG ven de amosar a súa preocupación pola situación na que quedan os arredor de 400 empregados despedidos das empresa que acometen a obra do AVE a Vigo, especialmente aqueles chegados dende outros puntos da Península. A central denuncia que moitos destes operarios que trouxeron ás súas familias e escolarizaron os seus fillos aquí deberán regresar ás súas localidades co curso xa comezado.

 

Dende a federación da Construción consideran “moi grave” a problemática social derivada da paralización dunha das infraestruturas máis importantes para a comarca nos últimos anos. Como exemplo citan o caso dun obreiro madrileño que levaba dous anos desenvolvendo o seu labor nas obras do AVE e ao que lle veñen de comunicar o seu despedimento a pesar de que contaba cun contrato indefinido dende hai un ano.

Agora atópase sen traballo e con que ten que regresar ao seu lugar de orixe. Pero o problema é que hai tempo que trouxo á súa familia para Galicia e alugou un piso ante as expectativas de emprego e matriculou aos seus fillos e colexios da zona. “Empadroneime por iso do colexio e o médico e agora teño que marchar co curso xa comezado e non sei se daremos atopado praza para os tres no mesmo centro”, explica.

Comenta tamén que son moitos os compañeiros que se atopan na mesma situación e lamenta que os responsábeis da obra non teñan previsto isto antes. Tampouco confía demasido na posibilidade de que o volvan contratar, porque a pesar de que o seu xefe lles trasladou a súa intención de facelo cando se reanuden as obras, “non sabemos cando vai ser iso nin en que condicións”. Na súa opinión, o proxecto está paralizado pola falta de financiación e considera que os empresarios pretenden “facer unha limpeza” para volver contratar outra xente “en peores condicións”.

 

Dende a CIG censuran especialmente a falla de información con que as Administracións están a levar os despedimentos, ademais de esixir a reanudación das obras e a readmisión dos trabajadores.
 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.