É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAndrade xa pensa nas medallas que virán
Quedoulle un sabor de boca agridoce, porque a final escapouselle. Aínda así, José Antonio Andrade chegou hoxe a Vigo como subcampión de Europa Sub-21 de taekwondo tras o seu paso por Ucraína. Acompañado por Manuel Barros, o outro representante galego no segundo campionato de Europa sub 21, e polo técnico Jesús Benito, á súa chegada a Peinador coincidiu co campión do mundo de triatlon, Javier Gómez Noya.
Andrade explicou que o primeiro ao que sorprendeu o resultado foi a el: ” Era o meu primeiro Europeo e ía con moita ilusión e gañas, pero non tiña un obxectivo marcado. Quería ir paso a paso, combate a combate e así chegamos ata a final”. No último combate non tivo tanta sorte, xa que o rival era o máis duro posible, Aaron Cook, campión de Europa absoluto e medallista mundial. “Non sei cal será a vindeira cita, pero agora mesmo só penso en seguir traballando e mellorando. Ese é o obxectivo”.