Galicia Vigo al minuto

Uns 66.000 estudantes enchen as facultades mentres 3.000 proban sorte en Selectividade

Para eles si que acabou o verán. A lo menos se asisten a clase. Preto de 66.000 estudantes pisan hoxe de novo algunha facultade do sistema universitario galego, que comeza o curso 2010-2011 con toda a súa oferta académica adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior.

Algúns incluso estrean algún dos 13 novos graos e 15 posgraos que se impartirán nos tres campus vigueses, que teñen un mapa de titulacións con 51 graos aos que hai que engadir a propia de Graduado Universitario en Deseño Textil e Moda e 76 mestrados. En Vigo, a demanda fixo pechar a matrícula en Bioloxía, Enfermería, Dereito, Enxeñaría de Enerxía, Linguas Extranxeiras e Tradución e Interpretación nas especialidades de español-inglés, español-francés e galego-inglés.

Un curso marcado claramente polos recortes no financiamento e pola presentación do proxecto do Campus do Mar á convocatoria de Campus de Excelencia Internacional. A Universidade de Vigo conta cun orzamento de 176 millóns de euros, seis menos que o ano pasado, e ten no seu programa anual seguir traballando nas escolas infantís e no aumento de dotacións á investigación, ademais da adecuación de infraestructuras.

E mentres preto de 3.000 estudantes en toda Galicia están pendentes de facer os exames de selectividade os vindeiros 15, 16 e 17 de setembro, uns 17.400 alumnos formalizaron a súa matrícula na universidade viguesa a estas alturas.

También te puede interesar