A concelleira de Economía e Facenda, subliñou hoxe que “rebaixamos un 60% o nivel de endebedamento” do Concello desde 2005, ao tempo que multiplicáronse os investimentos.
A edil salientou a xestión do goberno municipal en materia económica, citando que o endebedamento defendido e aprobado no orzamento de 2005 era do 47% mentres que a liquidación do ano 2009 deixou unha débeda do 19%.
Raquel Díaz vencellou á caída da débeda do Concello a que Vigo sexa actualmente a gran cidade menos endebedada de España, só superado por Bilbao, que ten un réxime foral específico, e fora citada como exemplo pola ministra de Economía do Goberno de España, Elena Salgado.
Asimesmo, a concelleira contrastou a rebaixa da débeda co incremento dos investimentos municipais, que pasaron de 54 millóns de euros no mandato anterior aos 272 millóns do actual goberno local. “A nosa acción de goberno é visible e responsable“, concluíu.