Unha mostra de 30 caricaturas de Ramón María del Valle-Inclán feitas por artistas tan destacados como Picasso ou Castelao e recollidas principalmente dos xornais de principios do século XX. Esta é a exposición que ata o vindeiro 24 de setembro poder verse na sala municipal de exposicións do Concello de Tui, coa que se pretende divulgar a personalidade dun dos escritores pontevedreses máis universal.
A exposición ofrece unha imaxe diferente do escritor dende unha perspectiva amable. Aínda que no seu momento o escritor arousán non se levou especialmente ben cos artistas coetáneos, nas caricaturas Valle-Inclán sae bastante ben parado. E sobre este tema recolle a mostra un artigo xornalístico asinado por J. Moya e publicado en “La Pluma” en 1923.