_agenda Agenda

A noite máis ‘cool’ chega a Vigo en outubro

Unha fin de semana cun intenso programa de actividades culturais, musicais e de lecer nos locais vigueses. Esa é a idea do ‘Vigo Cool Night’, que hoxe se presentou en Oporto coa idea de promocionar o evento e de asinar un protocolo de colaboración turística a ambos lados do Miño.

O evento, que se celebrará entre o 22 e 24 de outubro, nace co obxectivo de poñer en valor a oferta de ocio de Vigo mediante concertos de música en directo, festas temáticas, exposicións e sesións con videojockeys. Entre as actividades máis destacadas, o concerto A Caravana América de Xoél López no pavillón das Travesas coa participación de máis de 20 artistas de España, Portugal, Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, Colombia, Estados Unidos, República Dominicana e Chile. Ademáis, o día 23 tamén haberá unha Festa Retro e, durante toda a fin de semana, unha mostra gastronómica co peixe e o marisco como protagonistas.

También te puede interesar