Vigo al minuto

Mañá pecha ao tráfico parte da Gran Vía, Colón e García Barbón por mor da carreira Autos Locos

red bullPor mor da carreira dos Autos Locos de Red Bull, mañán estarán pechadas ao tráfico as rúas e treitos seguintes: ás 08:00 horas Hernán Cortés, entre Urzaiz e Maria Berdiales; ás 16:00 horas Gran Vía ascendente entre Urzáiz e Venezuela. O domingo, ás 06:00 horas, Venezuela entre Simón Bolívar e Gran Vía. Urzáiz entre Colón e Gran Vía (excepto acceso Parquing de Urzáiz). Colón entre García Barbón e Urzáiz. Manterase o servizo de VITRASA na zona até ás 23:30 horas do sábado. As rúas transversales veranse afectadas e, os residentes, serviranse polos accesos posibles.

Humanizacións e mobilidade

Por mor das obras de humanización, estará pechada ao tráfico a rúa Santa Cristina, treito entre Rivera Atienza e Travesía Santa Cristina, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes, 21 de setembro, ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses.

Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Ramón Nieto, Ernesto Lecuona, Bxada ao Capitán e Curros. Mentres duren as obras establécese dobre sentido, para residentes, na rúa Santa Cristina, treito entre Curros e Trav Santa Cristina.

Coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa Casal de Abaixo, treito entre as rúas Casal de Arriba e Cabalaria, con entrada pola rúa Casal de Arriba e saída pola rúa Cabalaria, dende o martes ás 10:00 horas.

 

También te puede interesar