Comarcas

No Morrazo están cansos dos coellos

Están causando importantes danos nas plantacións de verduras, frutais, hortalizas, millo e viñas e en plantacións ecolóxicas para uso doméstico en Moaña, Pozonegro, Albariños, Ameixoada e Tirán. Por iso, o Partido Popular levará ao Parlamento galego unha proposición non de Lei para pedir que se controlen os coellos salvaxes e que, nunha zona na que os Tecores Societarios non teñen competencia, se promovan medidas para trasladalos ao monte.

Descoñécese a procedencia destes animais, inicialmente domésticos e criados en cautividade, aínda que non se descarta que se escaparan dunha granxa da zona e multiplicaron considerablemente a súa poboación.

También te puede interesar