O Campus do Mar busca o respaldo máis importante, o do alumnado. E para iso comezou unha campaña nas distintas facultades para captar apoios a través da rede cun stand en Ciencias do Mar, Bioloxía e Química no que poder rexistrarte, un stand que realizará un percorrido polos tres campus da Universidade de Vigo ata o vindeiro 15 de outubro.
Ata hoxe xa hai inscritos 250 estudantes a través da web que hai que sumar aos preto de 750 fans que o Campus do Mar ten en Facebook. E para fomentar ese debate nacido nas redes sociais, a páxina web dispón dun foro de intercambio de ideas e coñecementos sobre temas marinos, fotografías e salvapantallas, lendas sobre o mar o un oco onde deixar a túa mensaxe de apoio. E inclúe concursos cos que poder gañar un Ipod nano ou unha cámara réflex dixital.
A campaña estará activa ata que o vindeiro 19 de outubro Vigo presente a súa candidatura en Madrid. Ata entonces tamén se buscan voluntarios, rapaces maiores de idade, dinámicos e con gañas de colaborar nas actividades que se organicen ao abeiro do Campus do Mar. Sólo hoxe anotáronse 30 estudantes para participar neste Campus do Mar.