Performance literaria, tango e intervención dixital e pictórica. É o que acollerá esta fin de semana a illa de San Simón, que se converte durante dous días e gracias ao programa creativa no privilexiado esceario para o encontro multicultural ‘Palabras na Illa do Pensamento’. Un foro no que reflexión e arte se fusionarán coa participación do escritor Manuel Rivas, o poeta Carlos Oroza e o pintos Vilas-Bugallo, entre outros artistas e músicos.
Unha aposta polo chamado ‘spoken word’, considerado o xénero do futuro, no que teñen cabita tanto a música como a literatura e a pintura con recitais a partir das 18 horas gratuitos e abertos para o público. Para asistir só se ten que facer a reserva do transporte marítimo que se habilitará para chegar á illa e que sairá do porto de Vigo ás 17 horas. Faite cunha praza chamando ao 902 022 537 ou enviando un mail a [email protected] ata encher o barco.
Que verás?
O sábado, Manuel Rivas presentará unha performance literaria e musical da súa novela ‘Os libros arden mal’, ambientada na Guerra Civil, acompañado polo cantante de tangos Marcos Meléndrez, o guitarrista Gastón Rodríguez e o gaiteiro, cantante e serruchista Pulpinho Viascón. Palabras, música e imaxes van construíndo un espazo de reexistencia e de memoria sensorial sobre as cinzas da desolación. O punto de partida do relato e do espectáculo é un episodio real: a queima de libros das bibliotecas populares na dársena da Coruña, en agosto de 1936, e vai seguindo o rastro do fume que desprenden as fogueiras, ata que nas esquinas da historia dramática da cultura escóitase o clamor de tangos, a melancolía indómita do mar ou o serrucho que sona como un violín.
Mentres, o domingo será a quenda da performance literaria de Carlos Oroza con ‘Alicia nas illas’ e a intervención dixital e pictórica do artista vigués Vilas-Bugallo.