É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAugas de Mondariz ‘móllase’ pola súa terra
Galego: natural de Galicia. Así de sinxelo. Habería que achegarse ata a acepción empregada en Costa Rica para que sexa sinónimo de tonto. Iso a pesares da insistencia que teñen ultimamente algúns políticos para utilizalo como descalificativo nas súas intervencións públicas. O último, Montilla, que tildaba de ‘galegos’ a CiU por adoptar unha posición ambivalente sobre a reforma laboral, sen entender que estaba ofendendo á comunidade galega.
E as empresas galegas comezan a reaccionar: como xa fixera co infortunio lingüístico de Rosa Díez, Augas de Mondariz quere ‘mollarse’ e mostrar a súa indignación fronte ao empeño de atribuír acepcións negativas ao que consideran un motivo de orgullo cunha campaña na que demostran que ‘subimos, baixamos e nos mollamos’. “E seguiremos a facelo sempre que sintamos a necesidade de manifestarnos en contra destes ataques gratuítos procedan do colectivo que procedan”, aseguran.