Comarcas

O polideportivo de Salvaterra, no ollo do furacán

Tiña que estar arranxado para o comezo do curso escolar, pero xa estamos a piques de deixar setembro e o polideportivo municipal de Salvaterra segue nas mesmas condicións. O grupo municipal do BNG denuncia agora o retraso inxustificado das obras de mellora destas instalacións que na actualidade non poden ser utilizadas polos veciños nin polo alumnado do CEIP Infante Felipe de Salvaterra, que tiñan alí as súas clases de educación física.

Con fendas, goteiras e outros desperfectos, a mala situación do polideportivo intensificouse a finais do mes de decembro por culpa do temporal, que provocou unha fenda que obrigou ao técnico municipal a ordenar o derrubamento dunha das pareder do lateral do edificio ante o perigo que supuña para os rapaces do colexio durante as clases.

O cambio de cuberta aprobouse en pleno o 24 de xullo, en colaboración coa Xunta, pero ata o de agora as obras nin sequera comezaron.

También te puede interesar