De novo un falecido en accidentes de tráfico esta fin de semana nas estradas galegas, unha víctima que se suma ás 87 persoas atendidas por 65 sinistros aos que tivo que acudir a prestar asistencia Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O domingo foi a xornada negra, con 30 accidentes, case a metade de todos os rexistrados a fin de semana.
Nesta ocasión a provincia con máis sinistros nas súas estradas foi A Coruña, con 28 accidentes rexistrados (43,07%), seguida de Pontevedra (26 sinistros), Ourense (7) e Lugo (4). En canto ao perfil dos feridos, de novo o 62 por cento dos atendidos foron homes e un 42 por cento tiña tan só entre 15 e 29 anos.