Unha prata e dous bronces. Javier Sieira, Raúl Bouzas e Borja Ríos conseguiron medallas para o taekwondo galego no Open Británico que se celebrou esta fin de semana en Manchester. Raúl Bouzas e Borja Ríos chegan a casa cunha medalla de bronce, mentres que Javier Sieira disputou a final fronte ao medallista olímpico iraní Josef Karami e tivo que conformase cunha magnífica prata, fronte ao un competidor cun curriculum envexable.
Borja Ríos acariñou a final, e durante boa parte do combate a tivo ao alcance da man. Ía gañando ao representante e Portugal por 8-3, pero catro amonestacións e unha acción arriba acabaron coa súa ilusión. Pola súa banda, Raúl Bouzas caeu nas semifinais fronte a Irán por un apertado 6-4.
O Open británico tivo un altísimo nivel, no que participaron equipos profesionais de Corea, Irán, Francia, China e Inglaterra. A selección galega, neste inicio de tempada, amosou un bo nivel, xa que varios dos seus integrantes lograron meterse nos cuartos de final. Desta forma, Angel Parada gañou a Jordania na primeira ronda e perdeu despois contra Irán; Pablo Carou gañou o primeiro combate contra Suiza, pero perdeu na segunda ronda, mentres que Juan Fernández gañou ao representante de Israel, pero caeu contra Francia.
O equipo feminino non cosechou medallas. Lúa Piñeiro perdeu no punto de ouro contra Suecia, mentres que Katia Calvar caeu contra a representante británica.