
Empeza a festa popular máis importante de Galicia. Só o Xacobeo, e cada 8 anos, pode compararse as festas patronais de Lugo. San Froilán chama cada ano a máis de 1.000.000 de personas que chegan á antiga capital do Reino de Galicia e Patrimonio da Humanidade, para disfrutar da mellor música, a mellor diversion e a mellor comida.
Música
Este ano haberá 19 concertos gratuítos con máis de 20 artistas participantes. Así mesmo, haberá diferentes actuacións de artistas locais e o Festival de Folclore tradicional o día 10 de outubro.
Así mesmo, ao igual que outros anos, o día 10 celebrarase o Día de Ferrol. A corporación local lucense recibirá na Casa do Concello á corporación da cidade departamental.
Gastronomía
Entre os eventos que inclúe o programa está o Día dos Maiores que rematará cunha verbena de tarde. Ese mesmo día terá lugar a cita coa gastronomía lucenses a través dunha degustación de rubia galega na Praza de Santa María promovida polo Concello de Lugo, a Deputación Provincial e a Asociación Agruga. A cita permitirá dar a coñecer os productos propios, así como promocionar a gastronomía galega a través da carne de tenreira.
“… E para comer, Lugo” reza un popular dito galego que foi inmortalizado hai anos. E é que a extraordinaria calidade das materias primas e a célebre mestría dos restauradores lucenses dan como resultado unha das mellores cociñas de España.
Zonas de tapeo
Núcleo antigo.- Engloba o perímetro amurallado. En calquera parte do centro de Lugo podemos atopar un bo bar no que tomar un viño e degustar unha tapa. Os lugares nos que se concentran máis locais son: arredor da praza do Campo (rúa Nova, rúa da Cruz, rúa Bispo Basulto, etc.) e a zona de Campo Castelo, as rúas situadas xusto detrás da casa consistorial, que co bo tempo se enchen de terrazas.
A Milagrosa.-Este barrio atópase na zona norte, foi a primeira expansión da cidade fóra de murallas. Hoxe en día é un barrio dinámico e comercial. A maior parte dos locais de tapas atópanse nas rúas contiguas á praza da Milagrosa.
Acea de Olga.-É o barrio máis novo de Lugo, situado ao sur da cidade, é tamén o distrito universitario. Malia iso, á tardiña os locais da zona reciben ademais da fixa clientela estudantil a grupos de amigos e familias que se achegan ata aquí para tapear.
Recatelo.- É a zona próxima ao parque Rosalía de Castro. A zona máis tranquila das catro, unha tranquilidade, quizais, herdada da que se respira no parque. Aquí concéntranse as sedes de varios medios de comunicación polo que é a zona máis frecuentada polos xornalistas lucenses. Bares de tapas y Restaurantes.
Mercados
Frigsa.- O mercado de Frigsa localízase no parque da Milagrosa, tamén coñecido como parque de Frigsa. Está situado no centro urbano, na saída cara á Coruña, e pódese chegar a pé, en coche ou en autobús. É un pequeno mercado popular, no que se pode atopar roupa, calzado…, de periodicidade semanal e carácter local, que se celebra todos os martes e venres do ano con horario das 9:00 ás 14:00 horas.
San Froilanciño
Os nenos terán a súa propia festa grazas ao San Froilanciño, evento que conta co seu propio cartel elaborado polos propios nenos de Lugo. O seu programa inclúe actividades e actuacións os días festivos e os laborais. Haberá actuacións de monicreques, humor e circo, música de gran e pequeno formato.
Así, instalarase unha carpa no parking do edificio administrativo do Seminario no que poderán desfrutar de paiasos, teatro, ciencia, globos, danza ou pompas de xabrón, entre outros.