É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másQueda máis de mes e medio para poder velos, pero queres coller sitio terás que ser rápido, Hoxe saen á venda as entradas das últimas incorporacións do ciclo Xacobeo Importa, Eli ‘Paperboy’ Redd e Teenage Fanclub, que estarán en Santiago os vindeiros 17 de novembro (21:30 horas) e 3 de decembro (22 h).
Para ver a Reed terás que abonar 20 euros en venda anticipada e 23 o mesmo día da actuación, mentres que os billetes para Teenage Fanclub custarán entre 18 e 20 euros. Podes conseguilas facendo clic aquí, na web de breakpoint, en Discos Elepé de Vigo, Gong e A Reixa Tenda en Santiago, na Praza de Ourense de A Coruña ou chamando ao 902 504 500.
Eli “Paperboy” Reed, de só 25 anos e considerado un dos artistas revelación do 2008, e coa súa banda The True Loves chega por primeira vez a Galicia tralo seu magnífico disco Roll with you, que sacou hai dous anos. A prensa internacional comparouno cos grandes, e medios como Rolling Stone, Mondo Sonoro, Rockdelux ou Ruta 66 foron unánimes ao elixir o directo de Reed como un dos mellores que pasou por España en 2008 e 2009.
Teenage Fanclub, banda escocesa formada por Norman Blake e Gerard Love, presentarán en Santiago as cancións do seu último traballo Shadows, xunto con temas dos seus discos clásicos como son Bandwagonesque e Grand Prix. Nas súas composicións atópanse influencias dos Beach Boys, The Byrds, Beatles ou Big Star. Pese a contar co apoio da prensa especializada e da súa gran facilidade para crear boas cancións, nunca chegaron a ser un grupo de masas aínda que os seus discos e xiras sempre contaron cunha lexión de seguidores dentro do circuíto alternativo. Shadows, o seu último disco, consolídaos como un dos mellores grupos de pop xurdidos na década dos 90.