Deportes

En Coia e Florida haberá ‘Máis que auga’

Visita-piscina-Coia-Florida

O novo complexo deportivo “Máis que auga” de Coia-Florida entrará en servizo na última semana de outubro logo de que  máis de 7.000 persoas amosaron o seu interese por algunha das actividades que terán lugar neste centro ubicado na Praza da Tellada (nas inmediación da Praza da Miñoca) e no de Barreiro.

A superficie total do centro de Coia-Florida é de máis de 4.600 metros cadrados, que se reparten nunha piscina cuxo vaso principal é de 25 x 12,5 metros e outras dúas piscinas de 10 x 6 metros. Unha delas se destinará a aprendizaxe, incluso para bebés a partir dos seis meses. A segunda piscina se utilizará como ‘piscina activa‘, xa que conta con dúas camas de auga, oito postos de hidromasaxe, un chorro de cervicais, un chorro de láminas de auga e dous geyseres.

A ‘piscina activa’ e a zona de tratamentos e relax conforman un área termal que contará con sauna, baño turco, catro duchas de esencias e fonte de xeo. Ademais das piscinas, haberá catro salas para diversas actividades, de entre 100 e 150 metros cadrados cada unha, así como un ximnasio municipal de 600 metros cadrados.

También te puede interesar