Despois de anos con continuos problemas á hora de pagar os salarios do persoal do centro, os traballadores tomaron a decisión de presentar denuncias individuais diante da Inspección de Traballo e concentrarse para pedir que o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela, en Redondela, regularixe os pagos.
Inspección de Traballo acumula varios expedientes por atrasos e demoras. A última, o 10 de setembro. O motivo: os retrasos no pago das noites dos coidadores que a Consellería de Traballo escusou na falta de persoal. Mentres, os que fixeron noites desde o mes de maio non viron un céntimo e a algúns aínda fáltanlle por cobrar tamén noites soltas de febreiro, marzo e abril. E os empregados eventuais que prestan servizos en verán poden chegar a tardar cinco meses en cobrar o seu salario.
O vindeiro mércores, os traballadores concentraránse ás 11 horas diante da Inspección de Traballo e diante do Edificio da Xunta en Vigo como sinal de protesta.