De tres minutos como máximo, en galego e inéditos. Así terán que ser os microvídeos que se presenten no certame disposto para conmemorar o vindeiro 25 de novembro o Día Intenacional contra a Violencia de Xénero. Ata o 31 de outubro para inscribirse, os traballos poden recoller calquera das diferentes formas de violencia de se exerce contra as mulleres. Haberá un premio de 500 euros para material informático para o gañador e dous accésits de 250 euros.
Mentres, o que xa se coñece e o gañador do concurso de cartaces para promocionar as actividades dese día. Elexido entre 16 propostas, a gañadora foi a de Mónica Bar Cendón, titulado ‘Eu coido de ti’, pola súa calidade e orixinalidade, pola transmisión de valores de igualdade e non violencia sen empregar imaxes tétricas poñendo o foco no agresor.