Galicia

Os suecos non deixan de mirar cara ao ceo galego

helicoptero-salvamento

Exercicios de voo diurnos e nocturnos cos que impresionar e facer ver como funciona o Servicio Aéreo de Gardacostas máis alá das nosas fronteiras. Un equipo de tripulantes suecos atópanse en Galicia para ver o funcionamento dos Sikorsky S76, intercambiar experiencias e analizar problemas comúns a través de conferencias onde se explicou o funcionamento do servizo en ambos países.

As tres xornadas remataron con varios tipos de rescate na ría de Arousa, nun acantilado, nun pesqueiro, dun home ao auga, unha práctica de rescate en camilla dende un pesqueiro e un rescate dende unha balsa salvavidas de xeito manual e utilizando un estacionario automático. Deste xeito, cos seus 20 anos de experiencia, o servizo de rescate de Gardacostas de Galicia convértese nun servizo de referencia europea.

También te puede interesar