Premio María Casares este ano polo seu traballo en ‘A Esmorga’, tiña 39 anos e era o xefe técnico e responsable da escenografía e iluminación da compañía teatral Sarabela Teatro. O actor galego Suso Díaz aparecía onte morto no seu domicilio de Ourense despois de que os seus compañeiros sospeitaran da súa ausencia cando tiñan previsto preparar a obra de teatro programada para hoxe.
O seu irmán foi o que avisou ás autoridades, que tiveron que botar a porta abaixo para acceder á vivenda, onde atoparon a Díaz xa sen vida. As autoridades investigan nestes intres cales puideron ser as causas do falecemento, aínda que nun principio descártase o suicidio e a morte violenta.