Ciencia y Tecnología Destacados

A Universidade de Vigo, décimo quinta en produción científica

ranking-investigacion

Mª del Carmen Echevarría/Universidade de Vigo/Baseado en Scopus, a maior base de datos científicos do mundo, o Informe Mundial SIR 2010 que se ven de publicar, estuda a produción científica de 2833 institucións e organizacións dun total de 87 países de todo o mundo durante o período 2004-2008.

O ránking, desenvolvido polo grupo de SCImago, integrado por persoal investigador do CSIC e das universidades españolas de Granada, Alcalá de Henares, Carlos III, Estremadura; a lusa de Oporto; a arxentina, Universidad Nacional de la Plata e a chilena, Pontificia Universidad Católica de Valparaiso, confirma o posto decimo quinto da Universidade de Vigo no conxunto das máis de 51 institucións académicas españolas analizadas, por riba de universidades do mesmo tamaño e historia e á par doutras que teñen máis traxectoria.

O posto decimo quinto acadado pola Universidade de Vigo no informe coincide co da edición do ano pasado, aínda que no 2010 o estudo ampliou en máis de 800 as institucións analizadas que son ademais de universidades, axencias nacionais de investigación, hospitais, empresas e outras entidades.

Indicadores que mide o Informe Mundial SIR 2010

O Informe Mundial SIR 2010 combina catro indicadores que revelan os niveis de produción científica, cantidade de coñecemento científico xerado e visibilidade das institucións. Estes son: a produción científica ou número de artigos publicados; a colaboración internacional medida como o ratio de artigos publicados por unha institución en colaboración con outras doutros países; o impacto normalizado, medido como a ratio entre a citación que recibe unha institución e a citación media mundial para documentos do mesmo campo científico, o mesmo tipo e a mesma data e a porcentaxe de publicacións no 25% das mellores revistas do mundo, ordenadas segundo o indicador de importancia científica das revistas SJR, desenvolvido polo Grupo SCImago.

O volume de produción analizado constitúe máis do 80% da produción científica mundial no período comprendido entre 2004 e 2008.

También te puede interesar