Galicia Vigo al minuto

Na busca de gas a 140 qm da costa galega

burato-negro

140 quilómetros da costa e 1.700 metros de profundidade, moi preto de onde se atopa o pecio do ‘Prestige’, os fondos mariños agochan un orificio de 4 quilómetros de diámetro e 300 metros de fondo, coñecido como Gran Burato, “a estrutura deste tipo máis grande do mundo”. Agora, a denominada Misión Galega do Gran Burato, unha expedición financiada pola Xunta, partirá hoxe do Porto de Vigo no Sarmiento de Gamboa coa misión de estudar en detalle a zona e realizar “unha radiografía” que arroxará luz sobre a existencia ou non de hidratos de gas, un tipo de hidrocarburo que se albisca como fonte alternativa de enerxía.

Obxectivos e prazos

A expedición, financiada pola Consellería de Economía e Industria, terá un custe total de 450.000 euros, dos que 150.000 se destinarán aos gastos da Universidade e 300.000 ao barco. En total participarán arredor de 20 investigadores nos que se inclúen, ademais dos membros vigueses, profesionais das Universidades de Aveiro, do Instituto Español de Oceanografía e do Instituto Andaluz de Ciencias da Terra, un centro mixto pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, e á Universidade de Granada, co apoio en terra do resto de investigadores do grupo GEOMA.

En canto aos obxectivos da expedición, estudar en detalle a zona, xa que se ben este tipo de estruturas son habituais en algúns campos petrolíferos que se están a explotar na actualidade, non en todos os fondos nos que aparecen dan lugar a campos petrolíferos ou de gas que se poidan explotar. Neste senso, a expedición realizará un tipo de investigación moi aplicada que servirá de ferramenta para saber se hai indicios suficientes que fagan viable incrementar o gasto e realizar unha prospección e unha perforación, unha actuación que correría a cargo dunha empresa especializada.

No que a prazos se refire a idea é contar cun informe da campaña en novembro e entregar as conclusións á Xunta ao longo do mes de decembro, que será a encargada de decidir se finalmente se envía ou non un buque sísmico a esta zona.

También te puede interesar