Entre tapa e tapa, un bo grolo. O soño de calquera tarde de terraza cos amigos. E agora o Casco Vello pon a túa disposición todas as que queiras a un xeneroso precio de 1,5 euros. Só tes que visitar calquera dos 18 establecementos que participan na quinta edición do Concurso de Tapas ata o vindeiro 31 de outubro: Dona Vaniri, A Coruxa, Cre-Cotté, Lume de Carozo, A Pita Tola, o Bar Chavolas, La Carbonara, Fame Nejra, XII, Buena Vida, Picadillo, Bahía, Don Mexilón, Galiana, Retranca, A Laxe, Sokoke e Baraka.
O único que se che pide e que colabores coa túa opinión. E nada millor para presentar a nova edición do concurso que unha degustación de balde de máis de 3.000 pinchos en plena Porta do Sol.