É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMás de 20 artistas invitados subirán ao escenario do pabillón municipal das Travesas esta noite como elemento principal da Vigo Cool Night, co que a cidade pretende abrirse a novos mercados turísticos, como o da festa e o da noite. Será o concerto de Xoel López & La Caravana Americana (21:30 h), no que o galego estará xunto a artistas como Iván Ferreiro, Xosé Manuel Budiño, os arxentinos Pablo Dacal, Sebastián Rubín y Lisandro Aristimuño ou o luso Manuel Cruz.
Será o primeiro dun amplo programa de actividades que encherán Vigo durante toda a fin de semana. Mañá celebrarase unha macro Festa Retro en 21 locais da cidade, nas que haberá un 10 por cento de desconto, e o domingo será a quenda dadanza urbana. Tomando como exemplo a ampla repercusión da movida viguesa dos 80, que supuxo un pulo para Vigo, agora trata de levarse este tipo de turismo máis alá das nosas fronteiras.