Se che gustan os cogumelos, esta fin de semana tes unha oportunidade de verdadeiro luxo para saír ao campo a encher as mans, as cestas e, de paso, o bandullo. A asociación veciñal de Paraños organiza para o vindeiro sábado 30 de outubro unha saída para buscar os mellores dende Cotarel.
Se queres participar só tes que estar alí ás 10 horas e levar navalla e cesta para recoller as distintas especies que atopes polo camiño. Xa de volta, sobre as 21 horas, haberá magosto e degustación de cogumelos na Casa de Cultura de Moeiros.