Romina Vázquez/Universidade de Vigo/ O ‘fair play’ incorpórase ao regulamento das Ligas Universitarias que cada ano organiza o Servizo de Deportes para “potenciar o compañeirismo e o traballo en equipo”. Trátase dun sistema de puntuación que valora o xogo limpo, penalizando as conductas antideportivas creado pola Universidade de Cádiz hai un par de anos e que agora poráse a proba no torneo de copa da Universidade de Vigo do pasado mes de xuño.
As Ligas Universitarias que esta semana botan a andar son as que contan con maior participación dende que o Servizo de Deporte comezou a organizalas, con 180 equipos inscritos só no campus de Vigo, mentres que Ourense e Pontevedra, contan con 24 e 36 conxuntos, respectivamente.
Ata o vindeiro mes de febreiro desenvolverase a fase previa das Ligas Universitarias en cada un dos campus da Universidade. Concretamente, “os partidos das modalidades de fútbol sala, fútbol sete e baloncesto de primeira división comezan esta semana, mentras que voleibol e balonmano se retrasan ata mediados de novembro”. Unha vez concluída esta primeira rolda, os equipos gañadores pasarán á etapa final na que se desputará o torneo de copa entre os vencedores de cada campus.