O Concello xa ingresou o 78% dos máis de 200 millóns que tiña previsto recadar este ano e xa comprometeu o 65% do gasto o que representa unha cantidade de 192 millóns de euros que se investirán en obras e servizos. A concelleira de Facenda asegurou que o 60% das obras xa foron contratadas, segundo o estado de desenrolo do orzamento no derradeiro trimestre do ano, o que supón que a execución de humanizacións, parques infantís ou recuperación do Casco Vello xa tiñan gastados uns 55 millóns en total.
Raquel Díaz subliñou que o goberno municipal apostou en 2010, o o fará en 2011, polas humanizacións, o ensino, servizos sociais, garderías, becas de comedor, apoio ao pequeno e mediano comercio, “en definitiva, pola xeración de emprego“, obxectivo que xunto coa “mellora de calidade de vida dos vigueses” é o que persegue a coalición que xestiona o Concello.