Unha placa recordará a todos os tudenses ónde viviu durante tantos anos e pasou consulta o doutor Darío Álvarez Blázquez entre 1934 e 1942. Con motivo do século do seu nacemento, Tui quixo brindarlle unha homenaxe na que estiveron presentes dous dos seus fillos, ademais de outros familiares, amigos ou personalidades como o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín…
Unha homenaxe a modo de placa que foi seguida dunha mesa redonda sobre a súa figura, na que participaron o seu fillo Alfonso Álvarez Gándara, o seu sobriño Xosé María Álvarez Cáccamo e Alberto Estévez Piña. Todo para agradecerlle a este “fillo” de Tui todo o que fixo pola vila.
Médico especializado en pulmón e corazón, establécese en Tui e consegue unha praza de tisiólogo no Patronato Nacional Antituberculoso, ademais de ser profesor auxiliar da cátedra de Ciencias Naturais no Instituto da Segunda Enseñanza tudense. Promotor do Partigo Galeguista en Tui, a guerra civil supuxo unha traxedia para a súa familia, co fusilamento do seu pai e a presión social conseguinte, que obrigounos a establecer en Vigo no 1942, asumindo Darío a responsabilidade familiar naqueles difíciles anos da posguerra.
Na cidade olívica Darío Álvarez Blázquez desenvolveu a súa actividade como médico en diversos ámbitos laborais ata o seu falecemento en 1979. Escritor tanto de novelas como nos xornais, onde mantivo longas colaboracións no “Jornal de noticias” como en “La Voz de Galicia”, humanista no amplo sentido da palabra. Cabería salientar os traballos dedicado á reivindicación do berce tudense do médico e filósofo Francisco Sánchez, sobre quen centrou a súa tese de doutoramento.