A nova praza, localizada fronte á Praza do Rei, na confluencia de Blein Budiño, Venezuela e Camelias, incorpora sobre unha fonte a escultura de aceiro inoxidable ,”como eloxio á luminosidade da Ría“, obra de Silverio Rivas, de case sete metros de altitude e oito mil quilogramos de peso. Esta peza simboliza a torre e o olivo presentes na heráldica viguesa e incorpora en cada póla “o nome das 23 parroquias que conforman a cidade“, explicou o autor.
“Esta incorporación cumpre unha dobre función”, asegurou Rivas. ”
O alcalde afirmou que “esta escultura simboliza de onde vimos, onde estamos e onde queremos ir“, pois introduce no seu concepto o “carácter” da cidadanía viguesa. Abel Caballero recoñeceu a “peza única” elaborada por Silverio Rivas para conmemorar o Bicentenario da Cidade de Vigo.
A apertura simbólica desta nova praza foi amenizada antes e despois do descobremento da escultura polo grupo Troula, que trasladou o ambiente festivo e lúdico ao numeroso público asistente ao evento.