Vigo al minuto

O Concello recoñece, no bicentenario de Vigo, a laboura de dez entidades vencelladas á cidade

Entidades premiadas bicentenario/Tresyuno ComunicaciónO Concello de Vigo distinguiu hoxe a dez entidades da cidade «que desempeñaron e desempeñan un papel clave na configuración do Vigo heteroxéneo do século XXI«, explicou o alcalde, dentro dos actos de conmemoración do Bicentenario da Cidade.Rector Universidade de Vigo/Tresyuno Comunicación

 

O acto, presentado por unha estudante do instituto Castelao, reuniu a Caixanova, ao Celta de Vigo, a PSA Peugeot Citroën, á Cooperativa de Armadores, en representación do sector pesqueiro, ao Faro de Vigo, ao astaleiro Hijos de Barreras, no nome do naval vigués, á Autoridade Portuaria, á Universidade e á Zona Franca de Vigo. Tras a lectura dunha glosa elaborada polo Cronista Oficial da Cidade, Lalo Vázquez Gil, todos eles foron galardoados cunha réplica da escultura de Silverio Rivas que preside a recén inaugurada Praza do Bicentenario.Corina Porro y Abel Caballero/Tresyuno Comunicación

Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova e encargado de pronunciar unhas verbas no nome das dez institucións recoñecidas, manifestou o seu «gran honor» por representar ás entidades galardoadas pola cidade polo seu «firme compromiso» coa urbe olívica. Gayoso asegurou que trátase dun «recoñecemento ao traballo que realizamos día a día» a prol do progreso de Vigo, o que continuará sendo así no «futuro próximo«. O presidente de Caixanova eloxiou a traxectoria de todos os agraciados e agradeceu ao Concello o xesto.

Julio Fernández Gayoso/Tresyuno ComunicaciónAbel Caballero, foi o encargado de pechar o acto, e na súa intervención salientou que 1810 «marcou un novo rumbo no compás da historia viguesa« e indicou que «aqueles albores de prosperidade trandormáronse nesta realidade de gran cidade». O rexedor eloxiou o papel das entidades na configuración do Vigo presente e tamén «aos cidadáns de Vigo que cada día constrúen co seu esforzo anónimo a nosa cidade«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.