A Carreira Pedrestre Popular de Santiago de Compostela chega a súa trixésimo-terceira edición con máis de 3.400 participantes, entre eles tres homes de altura: o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández; o de Medio Rural, Samuel Suárez; e o de Presidencia, Alfonso Rueda. Aínda que ningún deles acabou no podio: o gañador desta edición marcada polo mal tempo foi Goitom Kifle, de Eritrea, con apenas 36 minutos de percorrido.
Mentres, o campión entre os máis de 2.350 participantes escolares foi David Santos, quen fixo un percorrido reducido de 7 quilómetros en apenas 26 minutos e 59 segundos. A primeira muller en atravesar a liña de meta foi Winnie Jepkemoi. Pola súa banda, os primeiros galegos en chegar foron Lolo Penas (sexto) e Paula Mayobre.
Gaña Medio Ambiente
Agustín Hernández foi o primeiro dos conselleiros en chegar á praza do Obradoiro tras 12 quilómetros percorridos en pouco máis dunha hora e catro minutos, apenas un par de minutos antes que o titular de Medio Rural e catro que o de Presidencia.