Galicia

Máis de 7,6 millóns para 300 proxectos de innovación tecnolóxica

O sector TIC galego desenvolverá preto de 300 proxectos a través do investimento de 7,6 millóns de euros do Programa de Axudas ao sector TIC 2010 da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para fomentar a empresa dixital (6 millóns), o fomento dos contidos dixitais e ás entidades sen ánimo de lucro para a promoción da sociedade da información, que se adxudicaron cun importe total de 1,8 millón de euros.

En total subvencionáronse 94 proxectos para fomentar a empresa dixital cunha inversión de 3,2 millóns de euros para a cooperación entre empresas privadas ou asociacións empresariais de calquera sector económico e unha empresa do ámbito tecnolóxico que desenvolvera a solución TIC demandada pola empresa.

Para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, axudouse con 2,5 millóns a 76 iniciativas de empresas que desenvolven a súa actividade económica especificamente no sector das tecnoloxías da información e da comunicación. Esta convocatoria contemplaba dúas liñas de axudas, por unha banda a das capacidades TIC, para que as empresas poidan ofrecer mellores produtos e servizos apoiando a certificación das empresas en normas de calidade e axudando á asistencia do persoal propio da empresa a cursos formativos.

Outra das liñas contemplada no Programa de Axudas era a destinada a actuacións de promoción e difusión da sociedade da información, subvencionada con preto dun millón de euros para 89 proxectos repartidos en catro liñas de acción. E para subvencionar a produción e publicación de contidos dixitais, Modernización destinou un orzamento de 879.185 euros para 39 iniciativas que, entre outro requisitos, teñen que ter na súa proposta acadar un impacto significativo que responda ás necesidades reais dun determinado sector de usuarios ou actividade especificando o colectivo ao que vai dirixido e as vantaxes e melloras que achegan.

También te puede interesar