Comarcas

No Porriño sempre picas

PinchorriñoOvos recheos, empanada de zamburiñas, polvo á galega, callos, cogumelos ao allo… son só algunha das receitas que poderás degustar de balde en 22 locales do Porriño todos os venres e sábados de novembro de 19 a 23 horas con cada consumición que pidas. Trátase das ‘V Xornadas de degustación de pinchos en Porriño, Pinchorriño’, coas que se queren potenciar a calidade da restauración porriñesa, onde o público valorará a calidade e orixinalidade dos pinchos cun plano informativo no que se sinañan todos os locais que participan e o pincho que ofrecen.

Pero non será o único aliciente, xa que ademais de degustar estas ledicias poderase participar nun sorteo de dúas estancias durante unha fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural. Farase a través duns cupóns que se marcarán no momento de cada consumición.

También te puede interesar