Deportes Galicia

Elas tamén queren vivir do fútbol

Da o teu apoio na web de Mudega.
Da o teu apoio na web de Mudega.

Cada día son máis as mulleres que están inmersas no mundo do fútbol, que disfrutan dándolle patadas a un balón dentro do campo e que lles gustaría facer diso unha profesión. Sen embargo, as futbolistas tamén queren ser profesionais, que lles den de alta na Seguridade Social, que non teñan que compaxinar o deporte a nivel profesional con outros traballos para poder sobrevivir… e non teñen dereito.

Os clubes femininos poden asumir a profesionalidade en solitario, pero non teñen dereito a ser membros da Asamblea, a acollerse ao convenio colectivo, a dotarse dunha Liga de Fútbol Profesional, a beneficiarse das quinielas e dos contratos publicitarios. É dicir, non teñen nin voz nin voto.

Por iso, a presidenta da asociación española de clubs de fútbol feminino ven de lanzar unha campaña a través do Facebook para recoller firmas que lles permita ser profesionais. Co apoio de Mudega (Mulleres Deportistas Galegas) pronto chegarán ás 10.000 sinaturas. A idea, axudar a liquidar todas as discriminacións que sofre a muller futbolista agora que a lei do deporte está en pleno debate no congreso dos deputados.

Colabora!

También te puede interesar