Como un cento de anos non se cumpren todos os días, e moito menos dous, pois Vigo quere invitar a todos os cidadáns a disfrutar de varias actividades para festexar o seu Bicentenario. O primeiro, o concerto da Orquesta de Vento do Conservatorio Superior de Música de Vigo, que se celebrará no auditorio do Conservatorio (rúa Manuel Olivié, 23) a partir das 20 horas con entrada libre. Mañá será a quenda da Orquesta Sinfónica, no mesmo sitio e á mesma hora.
Se preferes arte, a sala de exposicións do Centro Cultural Caixanova acolle unha exposición de pintura na que diferentes artistas vigueses pintan a cidade. Durará ata o vindeiro 28 de novembro e, por suposto, a entrada é de balde.
O teatro chega da man dos alumnos da ESAD adulto e infantil. Os vindeiros 5 e 19 de novembro os maiores intrepretarán ‘Sen título. Técnica mixta sobre linóleo negro’, de Eva Freixeira no auditorio da Escola Superior de Arte Dramático. Mentres, os máis pequenos levan ‘Lela anda en bicicleta’ de Carlos Casares a escena os días 12 e 26 de novembro.
Vas perdelo?