Nas súas primeiras 24 horas de vida
Leer másAlcaldes da zona de Vigo propoñen un Área Metropolitana de 14 concellos e sen competencia da Deputación
Abel Caballero ten unha idea para o Área Metropolitana. Hoxe, o alcalde, presentou o proxecto de lei de Área Metropolitana que abrangue os concellos de Baiona, Nigrán, Gondomar, Fornelos de Montes, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño.
Na presentación, na que estivo acompañado polos alcaldes de Nigrán, Fornelos, Redondela, concelleiros de concellos coma Mos, entre outros, Caballero defendeu o texto coma un proxecto “viable, financiable e adaptado á realidade“.
Caballero sintetizou a esencia do proxecto na “eficacia e a eficiencia“, tanto na prestación de servizos aos cidadáns da area, preto de 500.000 habitantes, coma no goberno colectivo. Tal e como sinalou Caballero a través da Área Metropolitana os cidadáns verán mellorada a calidade de vida, acadarán un mellor goberno colectivo e dará resposta a problemas coma os
“coordinación de ordenación de territorio, de transporte ou de planificación de infraestruturas“, entre outros.
Outros dos argumentos esgrimidos para que o proxecto saia adiante son “a suficiencia financeira, a necesidade de proximidade da administracións aos administrados, a eliminación da burocracia e o fin da duplicidade das administracións“.
Respecto a composición proposta Caballero explicou que, se ben o proxecto
abrangue inicialmente 14 municipios, existe a posibilidade de integración inmediata dos restantes municipios da zona.
Competencias
O proxecto de lei prevé o máximo teito competencial superando “folgadamente” as competencias propostas polo proxecto do ano 2005 ou as xa existentes na Área Metropolitana de Barcelona. Estas competencias son Transporte e Mobilidade, augas, residuos, promoción económica e emprego, turismo, concellos en rede, servizos sociais, medioambiente, promoción e aproveitamento de enerxías alternativas, ordenación do territorio, planificación de infraestruturas, dotacións e equipamentos, prevención e extinción de incendios e coordinación da Policía Local e Salvamento e Protección Civil.
Abel Caballero asegurou que o financiamento parte do principio “irrenunciable” de non ter “ningún custo adicional para os cidadáns da área metropolitana“. Así incidiu en que este é un proxecto “economicamente sustanciado e con capacidade de financiamento sen incremento de impostos e da presión fiscal” sobre os cidadáns que integran esta área metropolitana.
A forma de financiamento pasaría polas achegas de cada un dos concellos que a compoñen, polas achegas da Deputación Provincial “a través dun sistema que significa a entrada nesas competencias desta área e a retirada da Deputación“. A elo sumaríanse os fondos provenientes da Xunta, “coma consecuencia do traspaso de competencias á Área Metropolitana“.
E ademáis: Este é o proxecto de ley. Composición do Consello Metropolitano