Sesenta e seis accidentes de tráfico nunha soa fin de semana: o balance, 94 feridos e un morto nas estradas galegas. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo que atender 75 chamadas en relación con sinistros de tráfico, a maioría onte con 24 accidentes, case o 37 por cento dos ocorridos nas últimas 72 horas.
Nesta ocasión a provincia que máis sinistros tuvo que afrontar foi A Coruña con moita diferencia: 35 accidentes (o 53 por cento do total), fronte aos 17 da provincia de Pontevedra, os 10 de Lugo e os 4 de Ourense. E de novo a maioría dos atendidos, un 54 por cento, foron homes. Entre as idades, máis da metade tiña entre 20 e 39 anos.