
A súa danza non ten nada de provisional, pero presumen de nome alá onde van. O Festival Catropezas fai recalar no Teatro Ensalle á compañía madrileña Provisional Danza, que non se perdeu nin unha soa tempada do teatro vigués e que enche o patio de butacas. Agora chegan con ‘Irresponsables’, a súa última producción, que representarán hoxe (22 h), mañá (22 h) e o domingo (21 h) con seis bailarines de referencia no noso país.
A peza está bañada de moitas cores e, acorde co que suxire o título, está chea de frescura e humor. As esceas se encadean nun ir e vir de presentacións e accións, desde o máis teatral á danza. Como en todas as artes, especialmente nas escénicas, basadas no efímero e nunha relación case carnal cos espectadores, o obxectivo de Provisional Danza é desentrañar as nosas realidades, conscientes e inconscientes, involucrando nun ambiente expresivo a intérpretes e público, creando tensión e expectación. Agitación sensorial e rigor técnico e estético da man de Carmen Werner.
Reserva as túas entradas na web do teatro, chamando ao 986 485 609 ou na taquilla unha hora antes do espectáculo.