Aínda non están listos os informes cos resultados da primeira expedición, pero Consellería de Industria e Universidade xa está pensando na segunda fase da misión do Gran Burato, cun área de estudo cinco ou seis veces maior e na que se cuantificará dunha maneira moito máis precisa as posibilidades de iniciar unha terceira etapa na que xa participaría un buque sísmico de prospección petroleiro. Con cautela, o conselleiro Javier Guerra non puido evitar dar unha valoración moi positiva dos datos obtidos nesta primeira viaxe na que se encontraron indicios razoables de que “se vai polo bo camiño”.
A pesar de comprobar que hai mobilizacións e escapes de gas en puntos diferentes e novos buratos, caso do xa bautizado como a Orella, tamén se atoparon cousas moi peculiares, como que esté recheo de sedimentos nos que tamén aparecen indicios significativos de gas que indica escapes anteriores
Con respecto á posible explotación deste recurso, o conselleiro subliñou que o gas é unha das apostas da consellería para esta lexislatura, xa que podería dotar de estabilidade o mapa enerxético galego, “tendo en conta que as renovables non se poden controlar”. Na mesma liña, explicou que hai outras zonas onde se está extraendo gas a estas profundidades, se ben non se trata dun tema exento de dificultades, a maior parte delas relacionadas coas infraestruturas que se requiren en terra. De todas maneiras subliñou que de demostrarse a presenza de bolsas de gas importantes habería que formular as infraestruturas precisas “porque estariamos a falar de algo cun interese estratéxico importantísimo para Galicia”.