Deportes

Os cascos electrónicos, protagonistas do Campionato Galego Júnior de taekwondo

Non é un sistema oficial, pero a Federación Galega de Taekwondo comeza a traballar con el con resultados moi satisfactorios. Os cascos electrónicos, usados por primeira vez en Europa e por segunda no mundo, desembarcaron no Campionato Galego Júnior celebrado en Vilalba e que serviu tamén para deixar patente o bo momento polo que está a pasar o taekwondo galego. Cun funcionamento similar á dos petos, ao recibir un impacto na cabeza os sensores indican electrónicamente o contacto, minimizando erros arbitrais, como xa sucede cos petos electrónicos desde hai dous anos.

A competición caeu do lado do sur: mentres que o Patiño e Area foron os campións por clubes nas categorías masculina e feminina, respectivamente, os mellores competidores foron Óscar Peón do Mace Sport e Alicia Córdoba do Olimpic.


También te puede interesar