Estará en el antiguo edificio de los juzgados, que se reformará completamente
Leer másPorque non só doen os golpes, loita contra os malos tratos
Ata o 29 de novembro as paredes da Escola Oficial de Idiomas énchese dunha protesta máis que evidente contra os malos tratos. A EOI acollerá con motivo do Día Internacional contra os Malos Tratos a exposición de frotografía ‘Non só doen os golpes’, de Pamela Palenciano, coa que se intentará “sensibilizar á cidadanía sobre este problema que causa demasiadas mortes no noso país e situacións moi duras na nosa cidade”.
Un novo enfoque sobre a violencia de xénero dende a propia experiencia vital da autora e que integra 46 imaxes distribuídas en 7 fases que marcan os principais momentos polos que atravesan as mulleres sofren a violencia machista. O mesmo día que remate a exposición a autora impartirá na EOI un obradoiro sobre violencia de xénero.
Máis actividades
Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o concello porá en marcha múltiples actividades, como o ciclo de cine “Realidades invisibles”, que se celebran os luns do ata o 29 de novembro (20:30 horas) no Centro Cultural Caixanova. O ciclo de Cinema infantil e xuvenil, que sigue os días 21 e 28 de novembro no Verbum (17:30 horas) e o videoforum os días 16, 17 e 23 de novembro no Centro de Documentación e Recursos Feministas.
Os actos culminarán coa manifestación contra a violencia de xénero o día 25, ás 20 horas dende a Praza de Urzáiz, e a lectura dunha declaración institucional do Concello de Vigo o 29 de novembro.