O alcalde adiantou hoxe que Vigo será galardoada o próximo luns coa mención especial “Cidades Amigas da Infancia” que outorga UNICEF, sendo a primeira cidade de Galicia en conseguilo.
Abel Caballero recordou que fai catro meses o Concello, a través da Concellería de Educación , solicitou a UNICEF optar a esta mención, e asegurou que este recoñecemento premia o “esforzo moi importante” que está a realizar o goberno municipal no ámbito educativo e de ocio para os máis pequenos, e citou as novas garderías en previsión e construción, os parques infantís que se están a ampliar ou crear ou as bolsas municipais para comedor e para estudar en inglés no Reino Unido e Irlanda.
En relación cos parques infantís, a Xunta de Goberno Local celebrada onte da contratación por valor de 213.000 euros para a construción ou ampliación de seis parques infantís da cidade, os de Pedro Alvarado, Praza da Miñoca, Coutadas, Aragón, San Roque e Zamáns, e aos que se une o gran parque de ocio proxectado en Castrelos no que se investirán 1 millón de euros.