Para os que están en contra da Otan pero non se poden achegar a Lisboa a protestar durante os días que se celebra o cumio no país veciño, Espazo Aberto Antimilitar convoca un acto de rúa esta tarde (18 horas) no cruce de Colón con Príncipe baixo o lema ‘Agora e sempre, Otan non’.
Para esta organización, dende a fin da Guerra Fría a Otan “reinventouse a si mesmo como unha ferramenta para a acción militar da intitulada comunidade internacional” polo que se trata dun medio de natureza exclusivamente militar co obxecto de arbitrar medidas excepcionais en caso de conflito armado. Ideada polos Estados Unidos conta con bases militares por todos os continentes, “menosprezando o control da ONU”.